Clínica de Fisioterapia

 

¿QUÉ É A FISIOTERAPIA?

A Fisioterapia segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) defínese como:

“A arte e a ciencia do tratamento por medio do exercicio terapéutico, calor, frío, luz, auga, masaxe e electricidade. Ademáis, a Fisioterapia inclúe a execución de probas eléctricas e manuais para determinar o valor da afectación e forza muscular, probas para determinar as capacidades funcionais, a amplitude do movemento articular e medidas da capacidade vital, así como axudas diagnósticas para o control da evolución". Pola súa parte, a Confederación Mundial da Fisioterapia (W.C.P.T.) realiza a seguinte definición, que foi subscrita pola Asociación Española de Fisioterapeutas en 1987: "A Fisioterapia é o conxunto de métodos, actuacións e técnicas que, mediante a aplicación de medios físicos, curan, preveñen, recuperan e adaptan a persoas afectadas de disfuncións somáticas ou ás que se desexa manter nun nivel adecuado de saúde". A Fisioterapia inclúese dentro do equipo multidisciplinar das ciencias da saúde e en todas as especialidades: traumatoloxía, reumatoloxía, neuroloxía, xeriatría, neumoloxía, ciruxía xeral, cardioloxía, pediatría, obstetricia, rehabilitación. O fisioterapeuta é un profesional da saúde, debidamente colexiado, que obtivo o grao de Titulado Universitario en Fisioterapia, tras un longo proceso formativo teórico- práctico. A súa capacidade investigadora e o seu alto nivel de aprendizaxe lévao a estar continuamente ampliando os seus coñecementos para ofrecer a mellor atención posible ós seus pacientes.