Clínica de Fisioterapia

 

Presentación

Image 01

A Clínica de Fisioterapia MANS é un novo centro de Fisioterapia que abriu as súas portas o 10 de Setembro de 2012 e que se atopa ubicado na localidade da Pobra do Caramiñal.
En MANS practícase unha fisioterapia cun gran compoñente manual, individualizada e persoalizada; adaptada a cada patoloxía e a cada tipo de paciente. A estreita comunicación co paciente permítenos supervisar a súa evolución en cada sesión e aportarlle o tratamento máis axeitado para obter os mellores resultados.

Na nosa clínica realízanse tratamentos de rehabilitación, fisioterapia manual, respiratoria, pediátrica, xeriátrica, xerontolóxica, reumatolóxica, traumatolóxica, neurolóxica, deportiva… Tamén temos servizo de tratamento a domicilio para as personas que por circunstancias diversas non poden acudir á clínica. O noso obxectivo é a saúde, o benestar e a calidade de vida dos nosos pacientes. Para isto, a fisioterapeuta Beatriz Fernández Souto (colexiada 2206), empregará as técnicas que máis se adapten ás súas necesidades, buscando que a recuperación sexa o máis eficaz e rápida posible.