Clínica de Fisioterapia

 

Servizos

Na Clínica MANS exércese unha Fisioterapia dirixida cara unha atención persoalizada de calidade e tal como o seu nome indica centrámonos nun tratamento máis manual, baseado na evidencia científica, buscando a melloría rápida e efectiva do paciente.

ESPECIALIDADES, TRATAMENTOS E SERVIZOS

Na nosa Clínica ofrécense as seguintes especialidades e servizos de fisioterapia:
• Fisioterapia Traumatolóxica, Reumatolóxica e Ortopédica: Lesión de tecidos brandos (contracturas, roturas fibrilares, acurtamentos musculares…), lesións no tendón (tendinosis), esguinces, fracturas, alxias vertebrais (cervicalxia, dorsalxia, lumbalxia), problemas posturais, artrite…
• Fisioterapia Respiratoria: EPOC, fibrosis quística...
• Fisioterapia Neurolóxica: Ictus, esclerose múltiple…
• Fisioterapia Vascular: Lesións vasculares, dificultade do retorno venoso…
• Fisioterapia Xeriátrica e Xerontológica: Pérdida de mobilidade do paciente, párkinson…
• Fisioterapia do Deporte: Lesións deportivas, fracturas, contracturas, rotura de fibras, tendinite, fascite, sobrecargas musculares e articulares...
• Fisioterapia Pediátrica: Cólico do lactante, atrofia muscular infantil…
• Fisioterapia Anti-estrés: Técnicas de relaxación.
Image 01 • Fisioterapia Preventiva: Ximnasia correctiva, hixiene postural.
• Fisioterapia en domicilio: para aqueles pacientes que teñan problemas de mobilidade ou mobilidade reducida.
• Drenaxe linfático manual: Edema local de orixe traumático ou postquirúrxico.
• Tratamentos preoperatorios e postoperatorios (ciruxía xeral ou plástica).
• Vendaxe funcional e neuromuscular.
• Accidentes de tráfico.
• Punción seca: O tratamento lévase a cabo introducindo unha agulla de acupuntura nun *punto gatillo miofascial (PGM) previa asepsia cutánea da zona, no que a idea é tratar a contractura máxima, o que provoca a diminución ou desaparición dos síntomas, como o dolor local, irradiado e referido.

*punto gatillo: foco hiperirritable dentro dunha banda tensa do músculo esquelético. O punto é dooroso á compresión e cando é estimulado pode provocar dor referida característica.

+Máis